Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble Plan da Cultura Marítima de Galicia

O PCUMA conta con este GeoPortal para integrar, organizar e visualizar información xeográfica e patrimonial relativa ao litoral galego.

A plataforma reúne datos dos proxectos ÁREAS NAI e o CENSO DO PATRIMONIO MARÍTIMO INMOBLE , ofrecendo un visor interactivo que facilita tanto a posta en valor como a planificación cultural e territorial.

Próximamente acceso ao visor do censo

O visor das ÁREAS NAI é unha ferramenta especializada que consolida e amosa, de xeito sistematizado, a información obtida no proceso de inventario, delimitación e estudo detallado destas zonas costeiras de elevado valor paisaxístico e patrimonial, denominadas Espazos de interese cultural marítimo (EICM).

O obxectivo principal do visor é ofrecer un soporte técnico que permita identificar, analizar e difundir estes espazos, onde se pon de manifesto a cultura marítima grazas ao seu menor grao de alteración por mor dos procesos de urbanización e industrialización.

A través deste recurso, facilítase a consulta de datos que describen a singularidade de cada área, atendendo á concorrencia de elementos patrimoniais e á relevancia do entorno no seu conxunto, entendido como un espazo cultural interconectado.

Próximamente acceso ao visor das Áreas NAI