Proxectos

CompartirFacebookTwitter
01
Estudo de rías e ríos
Estudo técnico xeográfico de delimitación do ámbito da cultura marítima no perímetro costeiro, nas rías (altas e baixas), esteiros e cursos fluviais.
02
Paisaxes marítimas
Documento de análise, a diversas escalas, da complexidade estrutural e dinámica das paisaxes marítimas dos litorais cantábrico e atlántico.
03
Atlas virtual
Recompilación das diferentes expresións do patrimonio moble, inmoble e inmaterial vencellado á súa situación xeográfica. Servirá como ferramenta para distintos intereses: académicos, de análise territorial ou para a xestión urbanística, entre outros.
04
Áreas nai
Inventario, con delimitación e estudo pormenorizado das áreas de especial valor cultural, paisaxístico e patrimonial onde se evidencie a cultura marítima (áreas nai).
05
Rede de lugares de especial interese
Rede de lugares de especial interese para a comprensión da cultura marítima (EICM), asociando os núcleos de interese litoral do Plan de ordeacíon do litoral (POL) como premisa.
06
Patrimonio somerxido
Inventario con delimitación e estudo do patrimonio somerxido, salientando as áreas de maior concentración e a importancia dos pecios. Debe ser realizado exclusivamente por profesionais capacitados en arqueoloxía subacuática, cumprindo os protocolos e procedementos legais nacionais e internacionais nesta materia.
07
Programa de implicación
Programa de concienciación e implicación das comunidades litorais na preservación e valoración do patrimonio vencellado á cultura marítima, a través de guías locais previamente formados.
08
Manual de boas prácticas
Manual de boas prácticas: A) para unha integración paisaxística nos espazos naturais costeiros que inclúa actuacións de accesibilidade e B) para a nova construción ou a rehabilitación das contornas industrias do mar e as súas edificacións asociadas.
09
Proxecto emblema 1: Conservación dun eicm
Proxecto Emblema 1: Conservación dun Espazo de Interese Cultural Marítimo, realizado de forma didáctica por un equipo multidisciplinario (profesionais da arquitectura, arqueoloxía, paisaxismo, xeografía, historia, mar...), que sirva de exemplo de posta en valor, integración e visión de futuro dunha área EICM (A.28.P.76).
10
Mesas de diálogo
Mesas de diálogo sobre: A) A muller no mundo do mar, B) Valores asociados aos oficios tradicionais C) Entendemento das actividades tradicionais nos criterios actuais de sostibilidade, D) Vinculación das manifestacións relixiosas coa cultura marítima E) O mar como medio para a comunicación e o transporte.