Proxectos
11
Coidadores do patrimonio
Conformación de grupos de coidadores do patrimonio, encargados da valorización e mais da dinamización social da memoria e do patrimonio marítimos.
12
Ferramenta de valoración
Instrumento de valoración vencellado ao atlas (A.01.P.03) que axude á reflexión sobre a pluralidade do patrimonio do mar (voto con nota, comentarios e achegas fotográficas das persoas usuarias). Servirá como ferramenta para distintos intereses: académicos, de análise territorial ou de xestión urbanística, entre outros.
13
Plan artístico mariñeiro
Creación dunha liña de apoio orientada á potenciación da creatividade artística mariñeira (artes visuais, escénicas, literarias, entre outras), que marque as pautas do financiamento para a promoción de novos talentos en áreas urbanas e rurais.
14
Actividades culturais
Creación dunha liña de apoio mediante subvencións a fondo perdido para a realización de actividades culturais: charlas de expertos, cafés-concertos da cultura marítima, programación de contacontos en museos sobre historias ou lendas vencelladas á cultura marítima e xornadas de portas abertas en talleres de artesáns e industrias do mar. As ditas actividades poderían canalizarse a través da rede de espazos existentes como arquivos, bibliotecas e museos.
15
Día do mar
Potenciar a realización de actividades culturais marítimas nos concellos litorais cada 20 de maio, con relación ao Día Marítimo Europeo (EMD). O EMD é o punto de encontro anual da comunidade marítima de Europa para establecer redes, debater e forxar unha acción conxunta.
16
Estudo da toponimia
Estudo de detalle da toponimia e microtoponimia do bordo litoral (Cantábrico e Atlántico) e tamén dos fondos mariños, dos bancos marisqueiros e das marcas de pesca.
17
Análise da cosmovisión
Análise histórica da autoorganización, cosmovisión e relación co medio das xentes do mar.
18
Arquivo
Creación dun arquivo único vinculado á Web do mar (A.10.P.27) apoiando as institucións para achegar os seus materiais en: A) Arquivo audiovisual: recompilación dos traballos previos sobre memoria oral. B) Fototeca, con imaxes históricas en relación coas historias de vida.
19
Repositorio dixital das espazos de transferencia mulleres do mar
Repositorio dixital aberto e accesible sobre a memoria oral das mulleres do mar, incorporando fontes fotográficas e instrumentais. Creación dun enlace na Web do mar (A.10.P.27) e en Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia
20
Espazos de transferencia
Espazos de transferencia de coñecementos e difusión pública sobre a realidade cotiá das mulleres do mar.