Proxectos
21
Recompilación sobre profesións do mar
Recompilación de material audiovisual existente e rexistros sonoros sobre profesións do mar con visión de pasado e presente: transcricións de entrevistas a traballadores destes, para complementar estudos e arquivos existentes.
22
Testemuños De Vida Vencellada Ao Mar
Salvagardar e difundir a memoria viva dos oficios e experiencias profesionais, a través de documentación existente (A.08.P.21) que revaloricen estas actividades como sinais de identidade comunitaria, que axuden a cambiar a percepción negativa e que fomenten a remuda xeracional.
23
Obradoiro De Aprendizaxe
Creación de talleres de aprendizaxe para a mocidade impartidos por profesionais do mar con distintos rangos de idade e vinculados coa transmisión de saberes.
24
Contidos Audiovisuais
Creación de contidos audiovisuais para as redes sociais encamiñados a empatizar coas tradicións das comunidades marítimas de Galicia.
25
Liña De Apoio
Liña de apoio de actividades vencelladas á cultura marítima de profundidade conceptual e non formal: A) favorecer a contratación de empresas especializadas nas festas mariñeiras con programas culturais e lúdicos coherentes coa temática destas, B) desenvolvemento de actividades mariñeiras para ofrecer nos campamentos de verán.
26
Axenda Conxunta
Calendario anual de eventos culturais ou campionatos de deportes marítimos: regatas, campionatos de surf, vela, remo, mergullo...
27
Web Mar
Subdominio dentro da páxina web da Consellería do Mar, con banco de proxectos e que enlace o atlas virtual, rutas, aplicacións, redes sociais, estudos creados (censos...), con iniciativas relacionadas coa cultura marítima.
28
Pílulas Da Cultura Marítima
Pílulas da cultura marítima: emisión de contido audiovisual sobre a cultura marítima en medios televisivos e radiofónicos xeneralistas.
29
App Do Patrimonio Marítimo
Aplicación do patrimonio marítimo galego: instrumento gratuíto de divulgación, de fácil acceso, en relación coas novas xeracións e con prácticas sostibles.
30
Semana Azul
Implantación da Semana Azul nos centros de ensino, de xeito que durante un período de tempo establecido se realicen actividades, tarefas, visitas guiadas a elementos patrimoniais ou competicións deportivas directamente vencelladas á cultura marítima. Pódese incorporar ás actividades das bibliotecas públicas dos concellos litorais.