Proxectos
31
Embarcacións Tradicionais
Incrementar os apoios aos encontros de embarcacións tradicionais. Vincular a súa realización coa Semana Azul (A.11.P.30). Crear e recompilar organizadamente todo o traballo realizado arredor destes encontros cun enfoque didáctico, promocional e de visión de futuro.
32
Dicionario Da Cultura Marítima
Dicionario en liña de termos da cultura marítima: en colaboración coa Real Academia Galega.
33
Proxecto Mar
Proxecto Mar (baseado no proxecto Terra da Xunta de Galicia e do Colexio de Arquitectos): unidades didácticas da cultura marítima para diversos niveis educativos coordinadas por persoal docente e técnico de museos.
34
Censo Do Patrimonio Marítimo
Inventario do patrimonio marítimo, moble e inmoble para o seu coñecemento exhaustivo, que permita reflectir a súa situación actual. O inventario incluirá de base o patrimonio cultural marítimo dos catálogos existentes de diversos organismos (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Costas do Estado, e Colexio de Arquitectos de Galicia).
35
Docas-Mariñas Tradicionais
Reserva ou selección de espazos para a atracada, salvagarda e exposición de embarcacións de madeira, con rebaixa ou cota de amarre nula, ademais de recuperar docas ou ancoradoiros tradicionais existentes como espazos públicos de mostra e aprendizaxe.
36
Alertas De Protección Do Patrimonio
Alertas de protección do patrimonio marítimo galego en risco de desaparecer. As alertas enviaranse ás institucións e axentes locais competentes na súa salvagarda.
37
Estudo De Detalle
Estudo de detalle das tipoloxías e oficios vencellados ás edificacións para formular novos usos destas, de xeito colaborativo e participativo coa cidadanía e cos axentes do concello ao que pertencen.
38
Guía Para A Rehabilitación Do Patrimonio Marítimo
Guía para a rehabilitación do patrimonio marítimo, baseada en exemplos de boas prácticas na costa galega (A.03.P.08).
39
App Rutas Do Mar
Aplicación de rutas do mar con mapas descargables de Google Maps cos elementos visitables da cultura marítima xeolocalizados. Vinculación directa coa aplicación do patrimonio (A.10.P.29).
40
Observatorio Da Cultura Marítima
Observatorio co obxectivo de advertir, facer cumprir e mirar con atención a construción dun sistema galego en prol da cultura marítima.