Proxectos
41
Catálogo
Catálogo dos proxectos conxuntos de visión global: A) censo dos proxectos realizados de rehabilitación e/ou posta en valor de instalacións do bordo litoral, B) censo de documentación histórica das confrarías de pescadores xa dixitalizada, C) censo de procesións marítimas e festas e D) outros proxectos de compoñente cultural.
42
Comisión De Expertos
Comisión de expertos, co fin de avaliar os proxectos culturais presentados ás liñas de axudas GALP e os resultados das accións financiadas cos fondos da FEMP
43
Gran Mostra Da Cultura Marítima
Gran Mostra da Cultura Marítima, aglutinada arredor de dous eixes: o patrimonio cultural e as manifestacións artísticas (presente e futuro), como reforzo aos froitos do traballo dos encontros de embarcacións tradicionais.
44
Liña De Traballo Unificada
Liña de traballo unificada para conseguir: A) a inclusión do Plan da cultura marítima de Galicia na lexislación autonómica relacionada que está en redacción ou que se redacte nun futuro, B) a candidatura das rías como paisaxe cultural, C) a candidatura da carpintaría de ribeira como patrimonio da humanidade e D) outras.
45
Decálogo
Decálogo de regras básicas para unha cultura marítima sostible.
46
Fondos Documentais Da Cultura Marítima
Custodia, clasificación e dixitalización de documentación vencellada á cultura marítima nos organismos competentes: A) Fondos correspondentes no Arquivo do Reino de Galicia; B) Sección de patrimonio marítimo na Biblioteca de Galicia; C) Fondos vencellados a outras entidades.
47
Directrices
Proposta de directrices para a catalogación dos elementos de patrimonio marítimo, que deberán estar aliñadas cos criterios que manexa a Administración competente en materia de patrimonio cultural, para poder facilitar o proceso de reflexión e posterior inclusión destes bens (se é o caso e tras decisión da Administración competente) nas ferramentas de protección do patrimonio cultural.
48
Fichas De Patrimonio Marítimo
Fichas propias de patrimonio marítimo para incluír nos catálogos de planificación dos concellos e completar o inventario xeral doutras administracións.
49
Diximar
Dixitalización de documentación histórica das confrarías de pescadores para incluír nunha canle de consulta en liña (na web da cultura marítima e/ou a través de Galiciana).
50
Rede Da Memoria Viva
Rede de entidades, confrarías, comunidades litorais e outras asociacións culturais que sirvan como nexo para transformar o presente e construír o futuro a través da súa tradición marítima.