Proxectos
51
Mapeamento Fotográfico
Mapeamento fotográfico das xentes e do territorio litoral.
52
Paridade De Xénero
Incorporación, como criterio baremable nas convocatorias de subvención ou nos convenios, da paridade de xénero nas xuntas directivas ou nas estruturas de gobernanza das entidades relacionadas coa cultura marítima.
53
Perspectiva De Xénero
Perspectiva de xénero: incorporación de mulleres con perfís técnicos nos equipos de deseño e elaboración de proxectos relacionados coa conservación e difusión da cultura marítima.
54
Informes Técnicos
Informes técnicos: A) sobre o grao de execución das accións ou da viabilidade destas en función dos recursos e da implicación das administracións e institucións concernidas, B) sobre posibles camiños de financiamento.
55
Evento Internacional
Evento de carácter internacional para contrastar con axentes especializados os modelos e as liñas marcadas polo Plan da cultura marítima de Galicia en perspectiva comparada.
56
Fondos Da Ue
Apoiar as entidades culturais e sectoriais para traballar de maneira conxunta na redacción de propostas para acadar fondos da UE como Next Generation, Espazo Atlántico, Interreg, Bauhaus of the Seas.
57
Convenios Da Xunta
Convenio da Xunta A) co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a salvagarda e estudo do patrimonio documental das capitanías e distritos marítimos de Galicia mediante a transferencia de fondos aos arquivos históricos provinciais e/ou inventario, así como dixitalización documental, B) co Ministerio de Cultura e co Ministerio de Defensa para a catalogación de fondos documentais do Arquivo Xeral de Simancas (AXS) e do Arquivo Xeral da Mariña Álvaro de Bazán (AXMAB), respectivamente.
58
Foros De Encontro
Foros de encontro entre A) confrarías e referentes da gastronomía local, B) axentes de portos e arquitectos urbanistas, C) asociacións culturais con clubs de deportes náuticos, D) mulleres de oficios do mar con referentes de emprendemento tecnolóxico e E) outros.
59
Listaxe Das Celebracións
Listaxe: recompilación e unificación das feiras, festas náuticas etc., en toda a costa galega (Cantábrico e Atlántico).
60
Podcast Do Mar
Podcast de reflexión con conversas con axentes culturais sobre experiencias, manifestacións e visións presentes da cultura marítima desde a gastronomía de vangarda, os deportes marítimos, as perspectivas de diversidade ou a muller no mundo do mar.