Proxectos
91
Bolsas De Investigación
Bolsas de investigación da cultura marítima desde diversos enfoques, como a perspectiva de xénero, o sociolóxico, o arquitectónico e o histórico.
92
Eventos Científicos
Eventos científicos sobre cultura e patrimonio marítimos.
93
Portal Sobre Cultura Marítima
Portal sobre cultura marítima que aglutine teses de doutoramento, monografías, artigos científicos e outras publicacións da mesma temática.
94
Rede Europea De Entidades De Patrimonio Marítimo
Rede europea de entidades de patrimonio marítimo, en relación coas redes de patrimonio etnográfico e industrial.
95
Folla De Ruta No Exterior
Folla de ruta no exterior da Mostra da Cultura Marítima (A.05.P.14) en organismos e lugares onde poida ser trasladada.
96
Casas De Galicia
Casas de Galicia: apoio nesta rede arredor do mundo para a promoción e a difusión da cultura marítima.
97
Intercambio Dentro Dos Oficios
Intercambios dentro dos oficios tradicionais da cultura marítima nacional e internacional para dinamizala e para darlles visibilidade aos profesionais e oficios do mar, co fin de crear a Rede Galega de Profesionais do Sector do Mar, que englobará todos os oficios artesáns para a súa proxección internacional.
98
Estratexia De Acompañamento
Estratexia de acompañamento de difusión para facilitar a asistencia de empresas e profesionais a foros e congresos.
99
Hub De Investigación
Hub de investigación “Innovar desde o propio”, que reúna tradición, innovación e sostibilidade; por exemplo, substitución de plásticos en redes, bateas, etc.
100
Proxecto Emblema 3: Investigación Dos Roteiros Históricos
Proxecto emblema 3: Investigación dos roteiros históricos dos produtos do mar (A.28.P.76).