Proxectos
81
Selo Da Cultura Marítima
Selo de Cultura Marítima (logo) dedicado ás accións ou produtos que xurdan do Plan da cultura marítima de Galicia e dos GALP (foros, exposicións, rutas, proxectos Emblema...).
82
Formación Profesional
Creación de obradoiros/módulos de formación profesional regrada e programas de validación e mellora: A) obradoiros propios dos proxectos Emblema (A.28.P.76) que marquen as pautas dun proceso formativo circular, B) avaliación e mellora dos plans formativos de centros como a Escola de FP Marítimo-Pesqueira (Bueu) ou o Centro de Formación A Aixola (Marín).
83
Proxecto Emblema 2: Embarcación En Madeira
Proxecto Emblema 2: Construción dunha embarcación en madeira. (A.28.P.76)
84
Programa De Bolsas
Programa de bolsas: A) de emigrantes retornados, co fin de incluír o novo produto de formación na oferta de bolsas aos retornados existentes; B) de formación nos oficios involucrados na produción dos proxectos Emblema.
85
Bolsas De Traballo
Bolsas de traballo en colaboración con Fundación Once, Cogami, Bata... para persoas con discapacidade nas empresas da cadea mar-industria.
86
Programa De Apoio
Programa de apoio con organismos como Cruz Vermella, Cáritas ou a Fundación Ronsel para fomentar a incorporación das escolas de oficio á súa estrutura de inserción laboral.
87
Espazos E Redes Femininas
Consolidación de espazos e redes femininas de profesionais do mar.
88
Grupos De Investigación
Grupos de investigación consolidados e colaborativos na UDC, USC e UVigo.
89
Liña Da Cultura Marítima No Cetmar
Liña de cultura marítima no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) que fomente o patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas a través de iniciativas de I+D.
90
Cátedra Do Mar
Cátedra do mar: captación de apoios das empresas da cadea mar-industria: empresa-universidade, co fin de definir unha estratexia universitaria para investigación relacionada co mar.